April 23 2024 | Last Update on 16/03/2024 20:18:13
Sitemap | Support succoacido.net | Feed Rss |
Sei stato registrato come ospite. ( Accedi | registrati )
Ci sono 0 altri utenti online (-1 registrati, 1 ospite). 
SuccoAcido.net
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Today News | All News | Art News | Cinema News | Comics News | Music News | Theatre News | Writing News
Music News - Festivals | by SuccoAcido in Music News - Festivals on 09/07/2014- Comments (0)
 
Sinsal 12
Festival Sinsal volve un ano máis á Illa de San Simón, unha nova edición que chega con novidades. A primeira o cambio de nome, Estrella Galicia redobla a súa aposta e o evento, na súa cuarta edición, pasa a chamarse Sinsal Son Estrella Galicia.
 
 
A segunda os días, o festival pasa de dúas a tres xornadas que coincidirán o 25, o 26 e o 27 de xullo. Outra das novidades será a distribución dos concertos. O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será segredo ata que o primeiro barco do día 26 chegue á illa, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival.
Sinsal Son Estrella Galicia ten lugar no arquipélago de San Simón, dúas illas (San Simón e San Antón) situadas en plena ría de Vigo, no concello de Redondela (Pontevedra). O conxunto de illas foi empregado ó longo da súa historia como mosteiro, lazareto ou cárcere e desde o ano 1999 está catalogado como Ben de Interese Cultural. É un enclave natural privilexiado no leste da Ría de Vigo cunha grande carga de memoria histórica.

A historia do Festival Sinsal remóntase a hai doce anos e caracterízase por unha identidade sonora allea as etiquetas habituais na representación musical dos nosos días.
O Festival Sinsal naceu en Vigo no ano 2003. Desde entón, organizáronse máis de 300 concertos establecendo un modelo de programación que, na actualidade, imitan outros eventos.
A extensión do Festival Sinsal na illa de San Simón acolle dende hai catro anos un dos eventos máis fermosos e especiais de cantos festivais hai durante o ano. En horario diurno, por toda a illa, dende as doce horas da mañá ata o solpor, artistas de todo o mundo xúntanse para presentar a súa música a nenos, adolescentes, adultos e maiores nunha experiencia única e sen precedentes en España.
O cartel repetirase os días sábado 26 e domingo 27 e será segredo, pero serán anunciadas as bandas do venres 25, unha xornada máis reducida que posibilitará ao público acudir dous días ao festival.
Haberá ata tres escenarios principais repartidos polas dúas illas, ademáis dos lugares onde estarán as Músicas Escondidas.
Sinsal Son Estrella Galicia é algo máis que un festival de música, é un evento único. O feito de que só se poda chegar ao recinto nun barco e que sexan os asistentes os que desvelen o segredo das bandas que tocarán nunha illa que é un Ben de Interés Cultural, fan desta cita toda unha experiencia.
San Simón despide o aroma da historia, pasear pola illa é sentir o pasado baixo os pés. Mosteiro, lazareto e cárcere durante a Guerra Civil e a primeira posguerra, na actualidade a Illa de San Simón é un espazo de memoria vivo e aberto.
Os tres escenarios principais de Sinsal Son Estrella Galicia, as Músicas Escondidas que o público debe atopar e outras actividades animarán a coñecer todos os máxicos rincóns que este lugar agocha. Déixate levar pola experiencia Sinsal Son Estrella Galicia e descubre os segredos de San Simón.
Aparte dos concertos, como vén sendo habitual nas anteriores edicións de Sinsal Son Estrella Galicia, haberá diferentes actividades: dende as Músicas Escondidas ás actividades para nenos. Ademáis, hai espazos para relaxarse, un fermoso conxunto escultórico e diferentes paseos que percorren as dúas illas.
 
 
  Register to post comments 
  More pressreleases in archive from SuccoAcido 
  Send it to a friend
  Printable version

Login or register to post your pressreleases >>>

To advertise on SuccoAcido magazine >>>

 

 
INFOS
PERIOD: from 25/07/2014 to 28/07/2014
CITY:
NATION: Spain
VENUE: various venues
ADDRESS: Illa de San Simón, Redondela
TELEPHONE: +34 695 799 592
FAX:
EMAIL: info@sinsalaudio.org, prensa@sinsalaudio.org
WEB: http://festival.sinsalaudio.es
INSERTED BY: SuccoAcido
 
 
FRIENDS

Your control panel.
 
Old Admin control not available
waiting new website
in the next days...
Please be patience.
It will be available as soon as possibile, thanks.
De Dieux /\ SuccoAcido

SuccoAcido #3 .:. Summer 2013
 
SA onpaper .:. back issues
 

Today's SuccoAcido Users.
 
Today's News.
 
Succoacido Manifesto.
 
SuccoAcido Home Pages.
 

Art >>>

Cinema >>>

Comics >>>

Music >>>

Theatre >>>

Writing >>>

Editorials >>>

Editorials.
 
EDIZIONI DE DIEUX
Today's Links.
 
FRIENDS
SuccoAcido Back Issues.
 
Projects.
 
SuccoAcido Newsletter.
 
SUCCOACIDO COMMUNITY
Contributors.
 
Contacts.
 
Latest SuccoAcido Users.
 
De Dieux/\SuccoAcido records.
 
Stats.
 
today's users
today's page view
view complete stats
BECOME A DISTRIBUTOR
SuccoAcido Social.